Activision confirma a saída dun novo Call of Duty este outono
Non sorprende a ninguén, pero xa botabamos en falta unha confirmación oficial. A través da última chamada cos seus investidores, Activision confirmou que Sledgehammer Games está a desenvolver un novo Call of Duty que verá a luz este mesmo ano, en outono.
Seguindo as palabras da compañía, o xogo está a ser creado para a nova xeración de consolas e PC, peante a idea de «integrar e mellorar o ecosistema CoD». Chegará tamén a PS4 e Xbox One? A empresa non o aclara, aínda que é posible que así suceda. Sexa como for, Activision non proporcionou máis información, mais asegura que pronto teremos máis novas e detalles.
We’re so excited to be leading the charge on @CallofDuty this year and can’t wait to share more. https://t.co/pMuaFybT1r
— Sledgehammer Games (@SHGames) May 4, 2021
Polo súa banda, Sledgehammer Games aproveitou a ocasión para emitir un chío no que confirman o seu traballo detrás do novo título, comentando que están realmente emocionados perante a idea de compartiren máis información cando sexa posible. Ademais, a desenvolvedora tamén anunciou que expande as súas posibilidades de traballo cun novo estudio desde Toronto, Canadá, e que traballará de xeito conxunto cos seus equipos xa existentes en Foster City e Melbourne.
Aínda que son só rumores, é posible que o futuro videoxogo leve por subtítulo WWII Vanguard e que teña por espazo algún intre da Segunda Guerra Mundial.