
Activision non falta á súa cita e Call of Duty terá nova entrega en 2020
As mellores parellas nunca deberían romper. Un dos casos máis notorios é o de Activision Blizzard e a franquía Call of Duty que, unha vez máis, contará cunha nova entrega este mesmo ano. A través do seu último informe fiscal, a compañía revelou os seus plans de futuro, explicando que «unha nova experiencia no universo Modern Warfare chegará no último trimestre deste ano».
Aínda se descoñece cal será o estudio encargado de dar forma ao título, pero as principais candidatas son as habituais Infinity Ward, Treyarch ou Sledgehammer Games; debido á rotación de estudios, sería a quenda de Sledgehammer Games. A propia Activision recoñecía que o novo xogo podería non vender tanto como Call of Duty: Modern Warfare, pero é máis que seguro que se colocará entre os máis vendidos semana tras semana.
Ademais, a empresa tamén sinalou que após os éxitos de Spyro ou Crash Bandicoot, seguirán apostando por máis remakes ou novas imaxinacións das súas propiedades de máis éxito.
Activision Blizzard earnings call:
– Next Call of Duty planned for Q4 2020. (Please be surprised)
– WoW Classic will get new content. Same as other Blizzard games.
– Diablo Immortal planned to enter testing in the middle of the year.
– King will invest in new titles for 2020.— Daniel Ahmad (@ZhugeEX) February 6, 2020