Actualidade Activision presenta o seu novo Call of Duty: Cold War

Activision presenta o seu novo Call of Duty: Cold War

Tardou máis do esperado, pero xa está aquí, xa ten nome: Call of Duty Black Ops Cold War será o novo título da franquía para este 2020. Configúrase como un proxecto colaborativo entre Raven e Treyarch e xa conta con tráiler oficial.

O vídeo leva por título Know Your History e presenta as primeiras pinceladas dun xogo que ofrecerá os seus primeiros detalles sobre xogabilidade e demais asuntos o vindeiro 26 de agosto. O clip está protagonizado por Yuri Bezmenov, un coñecido desertor da KGB, que notificou ao mundo dalgunhas das tácticas empregadas durante a súa época época para derrocar gobernos.

Tendo en mente o anterior, é máis que probábel que o novo CoD queira sentar as súas bases argumentais na Guerra Fría e incluír conflitos bélicos como a Guerra de Vietnam, tal e como xa se veu rumoreando os últimos meses.

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.