Actualidade Adeus ao revólver en Fortnite

Adeus ao revólver en Fortnite

A próxima actualización de Fortnite eliminará o revólver da listaxe de armas que podemos atopar no xogo. Epic Games detallou nun vídeo as novidades da súa última actualización, destacando a ausencia desta arma no futuro inmediato do xogo.

Outra das grandes novidades é que agora os bordes da tormenta destruirán as estruturas ao final das partidas, o que subirá a dificultade para protexerse dos ataques rivais nos momentos decisivos. Ademais, os explosivos remotos pasan a ser de calidade morada, as bombas Boogey aparecerán en unidades de dous e poderanse almacenar ata tres escudos grandes no inventario.

 

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *