Actualidade Adeus ao subfusil de tambor, unha das armas máis potentes de Fortnite

Adeus ao subfusil de tambor, unha das armas máis potentes de Fortnite

A nova actualización de Fortnite eliminou do seu modo Battle Royale o subfusil de tambor, unha das armas favoritas dos usuarios e das máis potentes do xogo. Trátase dunha das grandes novidades do parche lanzado esta mañá.

O arsenal tamén se actualizou coa aparición do rifle de asalto con silenciador, unha nova arma que pode quitar ata 33 de vida por disparo e que premiará cunha maior precisión o control do gatillo. Por outra banda, deuse solución a varios erros no novo modo de xogo La Huida, no que os equipos, formados por catro membros, deben conseguir xoias e escapar do mapa construíndo e montando nos buses de batalla.

O resto de novidades podedes consultalas aquí.

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *