Actualidade Age of Empires 4 amosará o seu primeiro video en novembro

Age of Empires 4 amosará o seu primeiro video en novembro

Hai que dicilo. Non poucos pensabamos que Age of Empires IV sería un dos xogos que aparecían na Gamescom 2019 como un dos pratos principais do menú do día; pero non, Microsoft decidiu reservar o seu primeiro gameplay para dentro duns meses.

O título de estratexia leva xa tempo en desenvolvemento, pero apenas hai información real sobre el. O 14 de novembro poderemos velo por fin en acción. Unha boa nova, sen dúbida, sobre todo se temos en conta que a saga AoE é pura lenda viva dentro da industria do videoxogo.

Así, a feira alemá si serviu para facer pública a data da estrea de Age of Empires 2: Definitive Edition, tamén o 14 de novembro. Paga a pena lembrar que Microsoft anunciou en xuño a creación dun estudo dedicado en exclusiva á franquía Age of Empires.

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.