Actualidade Age of Empires III: Definitive Edition fixa data de lanzamento e publica novo tráiler

Age of Empires III: Definitive Edition fixa data de lanzamento e publica novo tráiler

A edición definitiva de Age of Empires III desvelou tamén data de lanzamento. Será o próximo 15 de outubro cando o título de estratexia renaza en PC, a través de Steam ou Windows Store, pero tamén se poderá gozar desde ese mesmo día no Xbox Game Pass.

O principal aliciente para comprar Age of Empires III: Definitive Edition é a súa renovación do seu aspecto visual, tal e como se pode ver no tráiler mostrado. Poderase xogar por primeira vez en 4K con as 14 civilizacións diferentes.

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.