Aguantará a túa billeteira en setembro? Todos os lanzamentos deste mes aquí

Aguantará a túa billeteira en setembro? Todos os lanzamentos deste mes aquí

Setembro sempre supón unha volta curiosa cara a rutina. Case coma un comezo de ano adiantado, ou atrasado, segundo se miro. As compañías non son alleas a elo, e o outono configurase como unha época na que as novidades e os lanzamentos están a orde do día. Se es dos que adquire os títulos o día do seu lanzamento pode que teñas por diante un mes complicado á hora de poder manter os teus aforros a salvo. Tocará facer contas.

Velaquí vai unha lista coas maiores novidades deste mes. A medida que avance setembro trataremos de analizar os títulos máis importantes coma Dragon Quest XI ou Shadow of the Tomb Raider. Ollo a chegada da versión 1.0 do PUBG a Xbox One ou a estrea de Dragon Ball FighterZ en Switch.

Xogo Plataforma Data de lanzamento
Destiny 2 Forsaken DLC PS4, Xbox One, PC 4 de setembro
Dragon Quest XI: Echoes of an Elusive Age PS4 4 de setembro
Player Unknown’s Battlegrounds (lanzamento oficial 1.0) Xbox One 4 de setembro
Immortal: Unchained PS4, Xbox One, PC 7 de setembro
NBA Live 19 PS4, Xbox One 7 de setembro
SNK Heroines: Tag Team Frenzy PS4, Switch 7 de setembro
Marvel’s Spider-Man PS4 7 de setembro
Yo-kai Watch Blasters: Red Cat Corp and White Dog Squad 3DS 7 de setembro
NBA 2K19 PS4, Xbox One, PC, Switch 11 de setembro
Bastion Switch 13 de setembro
Wasteland 2: Directors Cut Switch 13 de setembro
Shadow of the Tomb Raider PS4, Xbox One, PC 14 de setembro
Light Fingers Switch 14 de setembro
Xenoblade Chronicles 2: Torna The Golden Country DLC Switch 21 de setembro
Valkyria Chronicles 4 PS4, Xbox One, PC, Switch 25 de setembro
The Walking Dead: The Final Season Episodio 2 PS4, Xbox One, PC, Switch 25 de setembro
Life Is Strange 2 – Episodio 1 PS4, Xbox One, PC 27 de setembro
Towerfall Switch 27 de setembro
Dragon Ball FighterZ Switch 28 de setembro
FIFA 19 PS4, PS3, Xbox One, Xbox 360, Switch, PC 28 de setembro
Editor

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.

Artigos relacionados
Comentarios non permitidos
    • Pastel de Carne
    • En: 04 de Setembro de 2018

    Boas! Noraboa polo proxecto, haberá que seguilo de cerca.

    É certo que sae unha cantidade inxente de xogos este mes, pero tamén é certo que parece que cada vez é máis dificil crear “hype”, e coa cantidade de xogos de balde ou case que podes atopar en plataformas como Humblebundle ou similares, tes que ser moi hardcore para lanzarte a comprar un xogo de saída.

    Teño que indagar un pouco pola web a ver se hai algo referente ós sistemas “Netflix” para os videoxogos, como o GamePass de XBOX ou Utomik.

      • Carlos Pereiro
      • En: 04 de Setembro de 2018

      Aínda non temos nada sobre iso, pero seguro que nalgunha reportaxe futura escribimos sobre elo porque seguro traerá cola de aquí a un tempo.

      Graciñas polo apoio! Aquí estaremos.

    • Miguel
    • En: 08 de Setembro de 2018

    Ledo de saber deste proxecto. Forza e ánimo.