Al Lowe pon á venda parte do seu arquivo privado

“Teño 72 anos e ningún dos meus fillos quere estes cachifallos”. Son palabras Al Lowe, lendario creador de videoxogos como o mítico Leisure Suit Larry. Recentemente, sacou á venda, a través de eBay, boa parte da historia do seu personaxe e de Sierra, a editora que no seu día lanzou o mercado algunhas das aventuras gráficas máis lembradas durante a época dourada do xénero.
Entre as cousas que vende Lowe, atópanse obxectos tan dispares coma un videoxogo erótico en disquetes que tomou como inspirou á hora de deseñar ao seu mítico personaxe. Polo momento xa vendeu por Internet o código fonte orixinal de Leisure Suit Larry. Con iso, o estadounidense embolsouse 10.000 dólares tras unha poxa en liña. Outro obxecto que xa superou esa cifra é un raro xogo para Apple II, o Bob a- Bet.
Ao parecer, Lowe planea ir subindo aos poucos a súa colección de obxectos ao portal de compra-venda máis famoso do mundo, o que chamou a atención de máis dun coleccionista destes obxectos do pasado, algúns relacionados directamente co propio vendedor.