Aliens: Fireteam Elite revela o seu lanzamento nun novo adianto
Temos data para Aliens: Fireteam Elite. O título multixogador no que tentaremos sobrevivir perante centros e miles de xenomorfos chegará o próximo 24 de agosto para PS5, PS4, Xbox Series X|S, Xbox One e PC, vía Steam.
Tanto Focus Home Interactive como Cold Iron Studios confirmaron o lanzamento, fixando o prezo do xogo en 39,99 euros. Ambientado no universo creado por Ridley Scott hai máis de 40 anos, configúrase como un shooter cooperativo en terceira persoa no que tomamos o control dun grupo de humanos que buscarán a supervivencia contra unha das razas máis letais do universo.
Sexa só ou con dous amigos máis, poderemos escoller entre catro campañas a completar, podendo personalizar o noso personaxe cunha gran variedade de armas, clases, equipo e diferentes vantaxes. A acción sitúanos 23 anos despois da triloxía orixinal e seremos un membro da tripulación do UAS Endeavour. Haberá 20 tipos de inimigos e os seus creadores sinalan que será un auténtico desafío.