Alumnos da Uvigo adaptarán Apocalipsis Z a un videoxogo

Alumnos da Uvigo adaptarán Apocalipsis Z a un videoxogo

A estas alturas da vida Manel Loureiro xa non é un pontevedrés anónimo. O escritor acadou fama internacional coa súa saga Apocalipsis Z. Unha década despois, os seus zombis continúan inspirando e fomentando novos proxectos, coma por exemplo, o traballo que realizarán uns trinta estudantes da Universidade de Vigo, que adaptarán as súas novelas a un videoxogo.

A obra de Loureiro pasará a ambientar o primeiro nivel dun título virtual que, ao longo deste cuadrimestre, alumnos das facultades de Ciencias Sociais, Comunicación e da Escola de Enxeñería de Telecomunicacións crearán.

Trátase dun proxecto multidisciplinar que se forma a cabalo entre cinco materias distintas e que promove o grupo de innovación docente ComTecArt  (Comunicación, Tecnoloxía e Arte), coa idea de achegar ao alumnado diferentes formas de traballar na industria do videoxogo.

A presentación do proxecto realizouse esta mesma semana e contou coa presencia do propio escritor. Loureiro tratou de explicar ás diferentes partes implicadas nesta aventura creativa a súa visión de escribir e contar historias, das regras que estas posúen e de como os videoxogos conteñen un potencial incrible para albergar novos modelos narrativos.

Editor

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.

Artigos relacionados