AMD xa traballa nas próximas consolas de Sony e Microsoft

AMD xa traballa nas próximas consolas de Sony e Microsoft

Pode que non exista unha data exacta, pero é cada vez máis obvio que a nova xeración de consolas non tardará en chegar. Dous anos? tres? A realidade é que os lanzamentos previstos para os próximos dous anos xa parecen ter alcanzado un tope técnico notorio. Basta ver o apartado visual de Anthem, The Last of Us 2 ou Ghost of Tsushima (e si, vaia por diante calquera posible downgrade de aquí aos seus respectivos lanzamentos).

Co ocaso da PS4 e da Xbox One no horizonte, pouco a pouco, estudios e compañías van confirmando a idea de mirar xa máis aló. Pasou con Bethesda, volveu estes días confirmalo Rocksteady e agora é o momento de AMD.

Hai uns días, a directora executiva e presidenta de AMD, Lisa Su, confirmaba nunha entrevista que estaban xa colaborando cóbado con cóbado con Sony e Microsoft de cara á nova xeración de consolas. Por suposto, non quixo ofrecer máis detalles, e deixa o comentario con esa nube de misterio sobrevoando a novidade.

A directora executiva comentou que ambas empresas teñen as súas propias “solucións secretas” e que tratarán de axudalos a sacar adiante os seus proxectos. No relativo a cando se verán os resultados das novas tecnoloxías que están a tratar estima que entre tres e cinco anos (esta última cifra, quizás poida parecer moito).

Sobra dicir que AMD é un dos principais fabricantes de compoñentes de hardware e chipsets do mundo, pezas clave na industria dos videoxogos e a súa evolución

 

Editor

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.

Artigos relacionados