Among Us 2 é cancelado e InnerSloth traballará sobre o xogo orixinal

Pouco durou o proxecto Amog Us 2. Despois do seu anuncio hai uns días, InnetSloth decidiu non seguir polo camiño dunha secuela. O estudio confirma dar marcha atrás e centrar os seus esforzos en mellorar o produto que xa está no mercado, para PC e dispositivos móbiles.
Os responsables de Amog Us explicaron nun comunicado que o código do título era demasiado fráxil como para traballar nel ou engadir demasiadas melloras, polo que a opción dun novo xogo parecíalles máis factible. Emporiso, e «ao ver a cantidade de xente xogando», recollendo as súas palabras, decidiron seguir apoiando o xogo.
Exciting news!https://t.co/W2TyA4O1hC
— InnerSloth (@InnerslothDevs) September 23, 2020
Todo o contido planeado para a segunda parte será tradladado agora en forma de vindeiras actualizacións ao xogo orixinal. Grosso modo, estes son os puntos principais da nota oficial publicada na madrugada deste xoves:
- Servidores: prometen mellores servidores para que o xogo non caia.
- Soporte para daltónicos: accesibilidade, permitir que persoas con algún tipo de problema para percibir certas cores ou gamas cromáticas poidan xogar sen problemas.
- Sistema de Amigos/Contas: garantir partidas con quen queiras e só con quen queiras.
- Novo escenario: atópase nun estado temperán de desenvolvemento, pero pronto haberá unha nova localización baseada en Henry Stickmin.