Actualidade Among Us chegará para PS4 e PS5 ao longo deste ano

Among Us chegará para PS4 e PS5 ao longo deste ano

Innersloth Games anunciou hai unhas horas que o seu xogo convertido en fenómeno de masas, Among Us, chegará a consolas PlayStation.

O título de dedución e provocador de rupturas puntuais terá tanto versión de PS4 como de PS5, amais dunha serie de cosméticos exclusivos inspirados en Ratchet & Clank.

Non hai unha data exacta para a súa aterraxe nas dúas consolas, mais si sabemos que se realizará ao longo deste ano. En PC, dispositivos móbiles e Nintendo Switch xa está dispoñible —e nalgún momento do 2021 chegará tamén a Xbox—.

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.