Actualidade Among Us é o novo xogo gratuíto da Epic Games Store

Among Us é o novo xogo gratuíto da Epic Games Store

A estas alturas é difícil atopar alguén que non coñeza Among Us. Ese fenómeno con forma de videoxogo de asasinos e tripulantes que arrastrou masas por todo o mundo, levando a un xogo do 2018 a ser un dos títulos máis importantes do ano 2020. Epic Games Store quere, sen dúbida, que todo aquel que quede sen el no ordenador o xogue a través da súa plataformas. Así é, regálao.

O título de InnerSloth está de balde na tenda dos donos de Fortnite. Só necesitas aceptar a compra, procesala e quedas co xogo para sempre. Tes aberta esta posibilidade ata o 3 de xuño con tan só acceder al siguiente enlace.

Non era gratis xa? Só en móbiles. A versión de PC era barata, menos de cinco euros, pero había que pasar por caixa.

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.