Among Us recibe un novo parche e xa poderemos votar de xeito anónimo

InnerSloth continúa mellorando e puíndo Among Us, o xogo revelación deste 2020. Un novo parche significa novidades e cambios, entre os que sobresaen as medidas contra os trampulleiros e a piratería. Os responsábeis do título xa adiantan que seguirán traballando neste asunto coa idea de mellorar a comunidade, amais de cubriren posibles ameazas de seguridade.
A continuación tes un resumo dos elementos modificados ou agregados:
- Opción de voto anónimo agregada
- Todos os votos aparecen en gris
- Modos de barra de tarefas agregados
- O modo sempre funciona normalmente
- O modo de reunión só actualiza a barra durante as reunións
- O modo invisible elimina a barra de tarefas por completo
- MIRA: A sabotaxe das comunicacións borra os rexistros de seguridade
- Engadidos símbolos para arranxar a tarefa dos cables
- Engadidos cosméticos na pantalla de reunións
- Diversas correccións de bugs e erros
No comunicado publicado en Steam, tamén se explica que se está a traballar noutros aspectos, como novas localizacións e o solicitado soporte para xogadores daltónicos, algo realmente importante nunha proposta de xogabilidade na que a cor é esencial para sinalar, ou non, os impostores que habitan en todas as partidas.