Analogue anuncia unha nova consola baseada na Nintendo 64
Analogue, compañía especializada na fabricación de dispositivos retro que utiliza cartuchos orixinais, xa albisca no horizonte a súa próxima consola. Levará por nome Analogue 3D e será unha «reimaxinación» da Nintendo 64.
A nova máquina chegará no ano 2024 e continuará o camiño de Analogue Pocket, Analogue Duo, Super NT ou Mega Sg. Se non as coñeces e es das persoas que gozan cos vellos videoxogos, é posíbel que atopes unha nova vía para gozar das obras que conserves como nunca pensaches. O problema? Que é complicadísimo mercar calquera das nomeadas consolas polo seu stock.
Sexa como for, a nova Analogue 3D promete un 100 % de compatibilidade con todos os xogos do mítico hardware de Nintendo 64. Terá saída de vídeo 4K e modos de vídeo orixinais… até poderás conectar os mandos orixinais da N64 —mais é compatíbel con mandos bluetooth—.
Estar interesado nesta peza de colección retro? Pois podes pedir na la web oficial a posibilidade de recibir unha notificación persoal cando haxa más novas sobre o lanzamento.