Animal Crossing bate a marca de maior número de copias dixitais vendidas nun mes
Super Data, compañía dedicada a realizar investigacións e análises de mercado dentro do sector do videoxogo, vén de publicar un estudo no que eleva o Animal Crossing: New Horizons como a obra que máis copias dixitais vendeu na historia dentro dun mesmo mes. En total, o título de Nintendo conseguiu colocar cinco millóns de unidades a través da Rede.
O asunto ten máis mérito do que poida parecer, principalmente porque o xogo apareceu á venda o 20 de marzo, é dicir, só precisou dez días para conseguir estas cifras dentro de marzo. Esta fazaña bate o récord que obstentaba Call of Duty: Black Ops III, unha obra totalmente diferente, case oposta na súa proposta de xogabilidade.
O informe de SuperData non só recolle datos de Animal Crossing: New Horizons, senón que achega información sobre o número de vendas dixitais durante o pasado mes en todos os sistemas. En resumo: a venda de videoxogos experimentou un aumento do 10 % respecto ao mesmo mes en 2019.
[…] lanzamento o pasado 20 de marzo para Nintendo Switch. Onte contabámos que o título de Nintendo batera récords no formato dixital após a festividade de Pascua, agora, chega unha nova gran actualización. Novos personaxes e […]