Actualidade Animal Crossing: New Horizons chegará con 383 veciños no seu lanzamiento

Animal Crossing: New Horizons chegará con 383 veciños no seu lanzamiento

Un dos títulos que máis expectación está a crear nos primeiros meses de ano é Animal Crossing: New Horizons. O xogo de Nintendo ofreceu un Direct o pasado xoves, no que as ondas de información nova foron continuas. Bricolaxe, o Nookófono e as partidas multixogador con até tres persoas máis son algúns dos atractivos máis interesantes que nos deixou a retransmisión. Agora, chega nova información en forma de cifra: 383 veciños estarán dispoñíbeis a partir do día 20 de marzo, data de lanzamento do título.

Após a confirmación do regreso dalgúns dos máis queridos como Isabelle, agora súmanse outros como Tere, Lope, Zelandia, Fauna, Dulce, Munchi e moitos máis. Esta cantidade supera á da anterior entrega da franquía, Animal Crossing: New Leaf, a cal se presentou con 333 veciños na súa saída; aínda que estes ampliáronse até os 399 grazas á actualización Welcome Amiibo.

Juan Sanmartín

Colaborador de Morcego. Videoxogos, deporte, cómics ou cine son as miñas paixóns.