Animal Crossing: New Horizons recibirá en novembro a súa derradeira actualización de balde
Animal Crossing: New Horizons recibirá novo contido antes de que finalice o ano. O título de Nintendo ten programada unha grande actualización de balde, a 2.0, para este 5 de novembro. Que traerá? Unha das súas novidades xa a coñecemos desde hai tempo: a Cafetería O Alpiste, situada dentro do Museo, onde Fígaro poderá servir café e outros habitantes da illa poterán tomar algo grazas aos amiibo.
Non será a única novidade. O Capitán aparecerá na costa para levarnos de Tour na súa barca namentres canta cancións mariñeiras. Poderemos atopar illas con flora nunca antes vista e con diferentes condicións de tempo. Cayo Fauno recibirá unha actualización na que algúns comerciantes estableceranse se decidimos investir, e Katrina leranos a fortuna a diario.
Doutra banda, poderemos participar en estiramentos grupais, que nunca está de máis. Ademais, as ordenanzas locais permitiranos mudar os hábitos dos habitantes para que se adapten ao noso ritmo persoal. O trasteiro tamén recibirá unha ampliación, pasando dos 2.400 obxectos aos 5.000 —con todas as ampliacións desbloqueadas—. Hai máis sorpresas e melloras, e podes coñecelas na presentación oficial realizada por Nintendo:
Algunha mala nova? Pode que si. Esta última actualización preséntase como a derradeira desta clase de balde. O mesmo día, o 5 de novembro, chegará a expansiónde pago, un DLC por 25 euros: Happy Home Paradise.