Actualidade Annapurna estrea novo vídeo de I Am Dead

Annapurna estrea novo vídeo de I Am Dead

A coñecida editora Annapurna Interactive vén de publicar un adianto de I Am Dead. Trátase do futuro título de Richard Hoggs (Hohokum, Wilmot’s  Warehouse) e Hollow Ponds (Loot Rascals), anunciado en marzo deste ano.

Grazas ao novo material audiovisual podemos ver como funcionarán os poderes do protagonista desta aventura, que após morrer poderá seguir comunicándose co seu can, tamén finado, e ver calquera recuncho da illa na que adoitaban vivir. Cal é o obxectivo do título? Que o volcán que dorme baixo a illa arrase con todo.

Sen data aínda, si se confirmou que o seu lanzamento ocorrerá este ano para PC e Nintendo Switch.

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.