Annapurna presenta un novo adianto do bucle temporal que é Twelve Minutes

Annapurna Interactive publicou un novo tráiler de Twelve Minutes, título que verá a luz este ano e que terá como obxectivo sobrevivir nun pequeno apartamento namentres permanecemos atrapados dentro nun bucle temporal.
Son seis minutos de verdadeiro interese, mais de estares atento no evento de ID@Xbox xa verás que é o mesmo. E si, as voces dos protagonistas tamén é posible que che soen, pois son as dos actores James McAvoy, Daisy Ridley e Willem Dafoe.
O lanzamento de Twelve Minutes segue programado para este 2021 para PC, Xbox One e Xbox Series X|S.