Actualidade Anthem tratará de convencer en febreiro cunha demo VIP

Anthem tratará de convencer en febreiro cunha demo VIP

Que Anthem xa é un dos videoxogos máis seguidos do mundo é un feito. Son moitas as incógnitas que lle quedan por revelar, e son moitas as expectativas xeradas por BioWare tras ese Mass Effect: Andromeda que non acadou o nivel que toda a comunidade xugona esperaba.

Polo pronto, Electronic Arts anunciou hai uns días que o próximo 1 de febreiro (aínda falta preto de medio ano) porá en funcionamento unha demo VIP para todo aquel que teña xa unha reserva de Anthem, ou sexa membro de Origin Access ou EA Access.

O anuncio foi feito polo produtor xefe Mike Gamble, que sinalou que con esta demo “buscarán o feedback” dos xogadores, os cales poderán gozar deste prqueno contacto co título de BioWare.

A data de lanzamento de Anthem está programada para apenas unhas semanas despois desta proba, o 22 de febreiro de 2019. Trátase dunha aventura de ciencia ficción, cargada de acción e aderezada con toques de RPG onde o xogador vese na pel dun Freelancer, soldados equipados con poderosas armaduras mecánicas, moi na onda do heroe de Marvel Iron Man. Con elas poden explorar os diferentes escenarios, enfrontando inimigos e cumprindo diferentes misións que poden chegar a situar ata a catro xogadores nun mesmo lugar.

Ademais da demo, EA tamén fixo público o novo tráiler de título O noso mundo, a miña historia. Nel afóndase no concepto dos eventos compartidos e dinámicos, onde o xogador é libre de tomar as súas decisións e vivir experiencias únicas fronte ao concepto cooperativo. Por certo, chegará doblado ao castelán.

Redaccion

Revista Morcego, o perfil para subir a información xeral, do día a día.