Antstream, unha nova plataforma dixital de videoxogos retro
Hai xogos que nunca pasan de moda, ben o saben os diferentes amantes dos títulos retro. Están de sorte estes últimos, pois no primeiro trimestre do 2019 chegará Antstream, unha plataforma dixital que permitirá aos xogadores gozar de títulos sinalados como clásicos atemporais.
A empresa detrás de Antstream asinou un acordo de colaboración con cinco marcas de videoxogos amplamente coñecidas, o que lle permitirá ofrecer algúns dos seus videoxogos máis relevantes. As marcas son as seguintes:
- SNK
- Data East
- Epyx
- Gremlin Interactive
- Technōs
O servizo estará dispoñible para PC, Mac, Xbox One, tabletas e teléfonos intelixentes. Segundo os seus creadores, ofertará os seus produtos dunha maneira “doada, legal e divertida”, a xogos que difícilmente se poden gozar doutra maneira. Falan de que o seu catálogo chegará a ter “miles” de xogos clásicos. Cales? Impossible Mission, Gods, Joe & Mac, Crude Buster, Fatal Fury, Speedball 2 Brutal Deluxe, Bad Dubides vs Dragon Ninja ou California Games, por pór algúns exemplos.
Os interesados nesta futura plataforma poden rexistrarse xa a través da súa páxina, e comezar a recibir novidades agora que xa está preto o seu lanzamento oficial. Nunhas semanas, desvelaranse máis detalles.