Actualidade Anunciada unha nova remesa de xogos para Xbox Game Pass na segunda metade de xullo

Anunciada unha nova remesa de xogos para Xbox Game Pass na segunda metade de xullo

Microsoft vén de anunciar que xogos aterarán durante a segunda metade do mes de xullo no seu Xbox Game Pass. Carrion, Grounded ou Yakuza Kiwami 2 únense aos xa presentados este mes, Endless Space 2, Halo 3 e Neon Abyss. 

A continuación podes consultar a lista por días e plataformas. Lembra que o Xbox Game Pass non é  o mesmo para PC que para consolas, malia que comparten diversas propostas.

16 de xullo

  • Forager (Consola e PC)
  • Mount & Blade: Warband (Consola)

23 de xullo

  • Carrion (Consola e PC)
  • Golf With Your Friends (PC)

28 de xullo

  • Grounded – Xbox Game Preview (Consola e PC)

30 de xullo

  • Nowhere Prophet (Consola e PC)
  • The Touryst (Consola e PC)
  • Yakuza Kiwami 2 (Consola e PC)

Abandonarán o Xbox Game Pass o 31 de xullo:

  • Ashes Cricket (Consola)
  • RiME (Consola e PC)
  • The Banner Saga 3 (Consola e PC)

 

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.