Anunciada unha revisión de XIII, shooter de culto para PS2

Anunciada unha revisión de XIII, shooter de culto para PS2

Considerado a día de hoxe un título de culto, XIII foi un shooter en primeira persoa con gráficos cel shading publicado no 2003 para PlayStation 2, Xbox, GameCube, PC e Mac. O titulo obtivo críticas positivas debido á súa xenial historia, baseada na serie de historietas belga XIII do ano 1984. Microids vén de anunciar o seu remake.

O desenvolvemento está a ser levado a cabo polo estudio Playmagic, e o propio PlayStation Blogue comenta que a idea de crear esta revisión xurdiu dun xeito moi natural, ao pensar que este tipo de FPS baseados en historia estaba a perderse. «O noso obxectivo é traer a atractiva historia de XIII a unha nova xeración de xogadores, cos mellores gráficos e animación posibles. O resultado será espectacular e prometemos celebrar o fantástico traballo que se fixo co xogo orixinal».

Se no seu día o título considerouse un portento no uso do cel shading, sobra dicir que hai ganas de ver que pode facer Playmagic neste 2019. Aterrará en PlayStation 4, Xbox One, Nintendo Switch, PC e Mac o 13 de novembro.

 

 

 

Editor

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.

Artigos relacionados