Anunciado Dragon Quest Walk, o Pokémon GO de Square Enix
Square Enix anunciou esta pasada fin de semana un novo videoxogo para móbiles, Dragon Quest Walk. O título para dispositivos portátiles inspírase fortemente en Pokémon GO e preséntase como a gran aposta da compañía xaponesa neste mercado.
O xogo chegará ao longo deste ano, aínda que non achgou unha data máis concreta, polo momento. O seu gameplay terá como base a cooperación entre personaxes, xa que o sistema de combate parece ser máis complexo que o creado por GameFreak, con ata catro xogadores involucrados ao mesmo tempo.
Square Enix non quere ocultar as súas referencias e define a Dragon Quest Walk como un Pokémon GO, «pero con monstros da saga Dragon Quest». Sobre a súa chegada a Occidente non transcenderon máis detalles, aínda que é posible que aterre no 2020. Coa realidade aumentada como un dos seus alicerces, o título expande o universo da famosa franquía de RPG e aventuras ata as nosas rúas, estando dispoñible tanto para iOS como para Android.