Actualidade Anunciado o remaster do clásico de Yoko Taro, NieR Replicant

Anunciado o remaster do clásico de Yoko Taro, NieR Replicant

Finalmente, cumpriuse a profecía. O clásico NieR Replicant volverá renacer cunha adaptación para os sistemas actuais. Square Enix vén de anunciar que a nova versión sitúase como unha parte importante do décimo aniversario de Nier. A remasterización chegará para Xbox One, PlayStation 4 e PC (Steam). O seu nome completo —e longo— é  NieR Replicant ver.1.22474487139….

Sen data de lanzamento, os seus responsábeis só quixeron amosar algunhas imaxes a través do seu primeiro vídeo. O estudio xaponés Toy Logic mantense como o grupo de creadores detrás da banda sonora, que será reorquestada. Espérase a súa estrea para este ano, aínda que non hai confirmación sobre iso.

Esta remasterización baséase no NieR: Replicant estreado exclusivamente en Xapón —a versión de Occidente era Gestalt—, e presenta un protagonista máis novo. Unha aventura de acción e rol, onde o obxectivo será achar a cura para a enfermidade que está a matar á nosa irmá menor.

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.