Actualidade Anunciado un novo MMORPG do Señor dos Aneis

Anunciado un novo MMORPG do Señor dos Aneis

Os fans da Terra Media están de xúbilo. Athlon Games vén de anunciar un novo xogo MMORPG do Señor dos Aneis. Será de balde e multiplataforma, dous datos a ter moi presentes.

Poucos elementos se saben a maiores do simple anuncio da súa intención de lanzamento. Sen nome oficial aínda, sábese que os acontecementos que conte descorrerán nos anos previos aos sucedidos contados na Comunidade do Anel. A idea de percorrer o vasto mundo d J.R.R. Tolkien dunha maneira libre e con ansias de exploración seguro que lle fai a boca auga a máis dun.

A falta de máis detalles, tocará esperar a que Athlon Games continúe traballando nun proxecto que seguro contará cunha base fiel de seguidores, como xa pasou con tódolos xogos editados no pasado e ambientados no universo fantástico da Terra Media.

 

Redaccion

Revista Morcego, o perfil para subir a información xeral, do día a día.

Comentarios non permitidos
    • Pastel de Carne
    • En: 09 de Setembro de 2018

    Despois do Lord of the Rings online, que teño as miñas dúbidas da cantidade de xogadores activos que ten agora mesmo, moi ben o teñen que facer para sacar este xogo e adiantar a outros grandes ou á “sombra” que comeza a asomar no horizonte do Elder Scrolls 6

  1. […] o universo do Señor dos Aneis que verá a luz ao longo dos próximos anos. Estase a traballar nun MMORPG multiplataform, baixo o paraugas de Atlon Games. Dutra banda, en 2021 tamén verá a luz a serie que Amazon está […]