Anunciados catro novos xogos de NES e SNES para Nintendo Switch Online
Nintendo acaba de anunciar a inclusión de catro novos xogos ao servizo Nintendo Switch Online. Dispoñíbeis a partir do vindeiro 23 de setembro, tres son de SNES e un de NES.
Do primeiro sistema son Donkey Kong Country 2, sequela do lendario título de Rare; Mario’s Super Picross, publicado só no Xapón; e The Peace Keepers. Desde NES tamén resucitará o clásico de Natsume, S.C.A.T.
¡#DonkeyKong Country 2: Diddy’s Kong Quest, Mario’s Super Picross y más juegos de #SuperNES y #NES llegarán el 23 de septiembre para los suscriptores de #NintendoSwitchOnline! pic.twitter.com/URz06WHMn7
— Nintendo España (@NintendoES) September 16, 2020
Anunciado novo Direct Mini: Partner Showcase para este xoves
A compañía da Gran N tamén programou unha nova retransmisión de novidades e anuncios para esta semana. Ás 16 horas, mostrarase «información sobre próximos títulos para Nintendo Switch dos nosos socios distribuidores». Así, é de esperar que o directo se centre en exclusiva en títulos third party. É posíbel que apareza o ansiado Bayonetta 3? Mañá sairemos de dúbidas.