Actualidade Anuncio e primeiras imaxes de Aragami 2, o novo do estudio catalán Lince Works

Anuncio e primeiras imaxes de Aragami 2, o novo do estudio catalán Lince Works

A Gamescom 2020 materializouse en forma de anuncios. Aragami 2, do estudio catalá Lince Works, foi un deles, a continuación do exitoso xogo de acción e ninjas lanzado no 2016. Presentouse cun apartado gráfico renovado, opcións multixogador e diversas opcións para afrontar os desafíos propostos polos deseñadores.

O seu lanzamento está previsto para PC, Xbox Series X, PS5, Xbox One e PS4 ao longo do vindeiro ano 2021. A continuación podes ver un adianto do título que amosa algunhas das súas novidades e novas mecánicas. No xogo orixinal o seu cooperativo gozou de gran popularidade, chegando a superar o medio millón de copias vendidas, por mor disto, esta secuela aposta por un evidente máis e mellor, con partidas de até tres xogadores.

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.