Actualidade Ape Out chegará finalmente a PC e Switch o 28 de febreiro

Ape Out chegará finalmente a PC e Switch o 28 de febreiro

Confirmado por Devolver Digital, Ape Out chegará a PC e Nintendo Switch o próximo 28 de febreiro. Neste título o xogador tomará o control dun simio que tenta liberarse do seu cativerio. A graza é que os golpes do gorila posúen aromas melódicos, polo que ao loitar cos seus raptores poderán realizarse curiosas composicións.

O xogo destaca tamén pola súa cor e a posición da cámara.

O xogo foi atrasado até a súa nova data para que os seus creadores puidesen puír algunhas características do mesmo. Agora está garantida unha experiencia a 60 fps para ambas as plataformas, por exemplo.

Ao longo da aventura, o xogador deberá abrirse camiño non só combatendo, senón esquivando trampas e obstáculos de todo tipo. Gardas e inimigos non nolo poñerán fácil.

Carlos Pereiro
Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *