Apex Legends estreará a súa terceira tempada o 1 de outubro

Apex Legends estreará a súa terceira tempada o 1 de outubro

Apex Legends estreará nova tempada, a terceira, o próximo 1 de outubro. Chegará, como marca a tradición, cun pase de batalla renovado, cargado de contido en forma de cosméticos, armas e unha nova lenda, Crypto. Trátase dun personaxe de apoio, con enormes coñecementos tecnolóxicos segundo o adianto de presentación que vén de publicar Electronic Arts.

Xunto a esta nova lenda, a compañía promete máis de 100 obxectos cosméticos para personalizar ao resto de personaxes. Tamén se engadirá unha nova arma, o Charge Rifle, sacada directamente da franquía Titanfall, amais de dar comezo a Serie de Clasificatorias 2, o modo ranked de Apex Legends.

A actualización buscará corrixir algúns erros detectados nas últimas semanas. Estrearase en todas as plataformas á vez, PC, Xbox One y PlayStation 4.

Editor

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.

Artigos relacionados