Apex Legends expulsa a 355.000 xogadores por usar trampas

Non está para bromas Respawn Entertainment. No seu último comunicado público sobre Apex Legends confirmou a expulsión de máis d 355.000 xogadores por facer trampas en PC. O título usa a ferramentas Easy Anti- Cheat para detectar aos usuarios que non xogan limpo e localizalos para o seu castigo.
«Estamos preocupados pola experiencia de Apex Legends que teñen todos os xogadores, así que estamos a traballar en melloras para combater aos tramposos. Debido á habilidade de moitos destes tramposos, e como non queremos que nos vexan vir, vémonos na obrigación de gardar os nosos plans respecto diso», explica en Reddit o estudio californiano.
Entre os xogadores afectados por estas expulsións están aqueles que facían spam durante a selección de personaxes, para logo desconectarse. Sobre o tema de caídas e reconexións, Respawn tamén indicou que sabe das opinións dos xogadores que reclaman a implementación dun sistema que os devolva á partida en caso de sufrir un corte na Rede, pero que de momento non apostarán por iso xa que «sería abrir moito a porta para que a xente abuse desa mecánica». Puntualizan que os recursos necesarios para construílo, probalo e publicalo «están mellor adicados a solucionar os problemas de estabilidade».

Apex Legends conta con máis de cincuenta millóns de usuarios rexistrados.