Apex Legends presenta novo escenario, Fisterra

Apex Legends presenta novo escenario, Fisterra

A falta duns días para a chegada da terceira tempada, Respawn e Electronic Arts teñen claro que queren darlle un novo impulso ao seu battle royale. O estudio responsábel do título anunciou o lanzamento dun novo mapa, Fisterra —World’ s Edge en inglés—. Fíxoo a través dun adianto cinemático que amosa un terreo de neve, tamén de roca fundida e cun tren que atravesa as súas terras.

Un bo lugar para coñecer á nova lenda, Crypto, que se unirá máis pronto que tarde ao cadro de personaxes. Hai uns días, Respawn tamén comentou a posibilidade de que o xogo cruzado chegue nun futuro ao seu título, malia que non se atreveu a dar unha data exacta. De momento, este 1 de outubro, a terceira tempada dará comezo.

Editor

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.

Artigos relacionados