Queres pelexar? :: Aprendamos xuntos co UNIST!
Aproveitando que os xogos de loita están nun dos mellores momentos que se poden lembrar nesta industria, imos aproveitar e tentar facer todo o posíbel para introducirmos este mundo a novos xogadores.
Normalmente, unha das ferramentas mais comentadas é o titorial de UNDER NIGHT IN-BIRTH Exe:Late[st], UNIST para acurtar. O problema é que os textos que aparecen na pantalla están soamente dispoñíbeis en xaponés, inglés, chinés —simplificado e tradicional— e coreano. Polo que aproveitamos para traducirmos os textos correspondentes á primeira sección para novatos do xénero.
A continuación, tendes o PDF coa transcrición dos textos en galego e o vídeo onde vou locutando dentro do xogo.
Como xa lembramos no vídeo, xogade ao voso ritmo e sede conscientes dos botóns que estades a premer. Boa sorte é animo!
[…] xa comentabamos no vídeo do UNIST, da igual o que vos interese, xa que os propios xogos teñen ferramentas para axudarvos a aprender. […]