Aragami 2 atrasa o seu lanzamento e fixa a súa estrea para finais de ano

A través dunha nota en redes sociais Lince Works acaba de comunicar o mesmo que decenas de estudios foron comentando nos últimos meses: o seu próximo título terá que agardar. Aragami 2 atrásase até finais deste mesmo ano. Segundo indica a compañía española, o xogo está rematado e é xogable até o final, pero queda aínda moito traballo no referente a bugs e diversas tarefas por puír, sobre todo nas novas consolas.
Moito máis ambicioso que a súa primeira parte, Aragami 2 preséntase como un salto de calidade para o estudio e a comunidade, polo que non queren correr riscos na recepción da obra. A súa chegada estaba prevista para comezos do 2021, pero a pandemia… xa sabes. «Manterémosvos informados sobre calquera outro cambio no desenvolvemento, así como da data definitiva de lanzamento tan pronto como a teñamos. Moitas grazas polo voso apoio e entendemento ao longo de todo este tempo», din desde Lince Works.
An important update regarding Aragami 2. pic.twitter.com/yfEBY9tyWV
— Aragami 2 (@LinceWorks) March 9, 2021
Aragami 2 aterrará en PC, Xbox One, Xbox Series X|S, PS4 e PS5.