Actualidade Arc System Works presenta un novo Kunio-kun inspirado no Romance dos Tres Reinos

Arc System Works presenta un novo Kunio-kun inspirado no Romance dos Tres Reinos

Arc System Works anunciou un novo Kunio-kun, segundo informa o medio xaponés Famitsu. A coñecida franquía de beat’em-up, coñecida tamén polo nome de River City en Occidente, cumpre este 2021 os 35 anos. Aí é nada. A modo de celebración, caerá un novo xogo.

Malia non ter título confirmado para a súa versión en Europa e América, o novo Kunio-kun estará ambientado na narración do Romance dos Tres Reinos, unha das grandes obras literarias da China, cos personaxes da saga adoptando as identidades das figuras clásicas deste universo literario, como  Guan Yu (Kunio), Liu Bei (Gouda) ou Zhang Fei (Godai).

Seguindo o comunicado pola propia compañía, o videoxogo sairá para PC, PS4 e Switch, e o seu desenvolvemento xa pasaría o seu ecuador, ao redor do 65 %.

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.