Actualidade Arkane promete a mesma experiencia de xogo en liña ou offline

Arkane promete a mesma experiencia de xogo en liña ou offline

Deathloop será o próximo xogo de Arkane Studios que vexa a luz. Chegará a finais de ano, no Nadal, para PC e PlayStation 5. Trátase dunha aventura en primeira persoa na que manexaremos un asasino con certos habilidades especiais que tenta romper un bucle temporal. Non é un obxectivo fácil, pois outra asasina tratará de impedir que teñamos éxito. Esta será manexada por unha IA, aínda que tamén poderá ser utilizada por xogadores a través de incursións en liña.

Sexa como for, desde o estudio prometen que se ben poderemos xogar con conexión a Internet ou sen ela, viviremos a mesma experiencia. En Arkane explican que nun xogo de sixilo o normal é que o elemento caótico sexa o propio xogador, pero que neste caso engadirase ese elemento extra que é Julianna, a asasina, que poderá ser un NPC ou outro usuario. Quen a manexará chegado o momento? Unha cuestión interesante.

A nova obra de Arkane Studios preséntase como un xogo de acción onde a estratexia vese sometida a certa influencia do imprevisible. Será un dos últimos grandes xogos do ano?

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.