Actualidade As caixas dos xogos avisarán se teñen micropagos

As caixas dos xogos avisarán se teñen micropagos

O Pan European Game Information –PEGI– anunciou a creación dun novo distintivo que indique a presenza de micropagos ou compras con cartos reais dentro dos xogos. A etiqueta comezará a verse nas caixas dos videoxogos a finais deste mesmo ano.

O novo icono aparecerá na contraportada do xogo, ao igual que o fan xa os distintivos de sexo, violencia, drogas ou linguaxe adulta. Ata agora, PEGI só lle pedía aos distribuidores que engadiran na descripción “compras dentro do xogo” cando se venderan en tendas virtuais coma Steam, Origin ou a PlayStation Store.

A idea é clara. Visibilizar o contido total que un adquire cando realiza unha compra para que non aparezan sorpresas logo. As compras internas coma cofres que conteñen aspectos ou roupas alternativas para as personaxes, modificacións, ou inxeccións dalgún tipo para aumentar o crecemento dentro dun xogo son xa un habitual dentro da industria. Tanto, que non poucas compañías apostan pola súa inclusión en case todos os seus títulos, chegando ao punto de apostar pola gratuidade inicial, para logo só vivir dos chamados micropagos. O propio Simon Little, director xeral do PEGI, define este novo icono coma “información básica”, e totalmente necesaria para xogadores ou tutores.

Os micropagos son un tema candente dentro do mundillo virtual. Países como Holanda poñen as caixas ou cofres de botín á altura das apostas. Basta dar unha volta polo mercado de Steam para comprobar a insana especulación que os usuarios poden chegar a facer con ceertos obxectos. A comunidade xugona, pola súa parte, xa foi moi critica con algunhas compañías e a súa tendencia a incluir transaccións dixitais en xogos onde a priori parecen innecesarias. Pasou con Assassin’s Creed: Origins, de Ubisoft; e pasou con Sombras de Guerra, de Monolith Productions. No podio segue a estar Star Wars Battlefront II, que chegou a ter que retiralos polo linchamento popular sufrido. O debate é tan vivo, que ata compañías coma CD Projekt bromean sobre a inclusión de compras virtuais dentro dos seus títulos, definindoas coma un desacerto total.

Captura da mensaxe oculta que CD Projekt incluiu no tráiler do E3 de Cyberpunk 2077. Na última pregunta, da a súa resposta.

Redaccion
Redaccion

Revista Morcego, o perfil para subir a información xeral, do día a día.

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *