As consolas tamén poderán pedir cita en Two Point Hospital polo Nadal

SEGA confirmou a chegada de Two Point Hospital en consolas. En Morcego é un título ben querido, ao ser unha das primeiras análises que se fixeron na revista.
O sucesor espiritual de Theme Hospital lanzouse en agosto do ano pasado para PC. Desde aquela recibiu un total de dúas expansións —Bigfoot e Pebberley Island— que tamén virán incluídas nas versións de consola. Por suposto, os seus responsables traballaron nunha adaptación completa dos controis para os mandos das máquinas de sobremesa.
Two Point Hospital verá a luz en PlayStation 4, Nintendo Switch e Xbox One a finais de 2019, coa chegada do Nadal. Poderá ser merado en edición física ou dixital.