As mascotas chegan aos mares de Sea of Thieves

As mascotas chegan aos mares de Sea of Thieves

No novo diario de desenvolvemento subido a YouTube, o produtor executivo de Sea of Thieves, Joe Neate, móstrase pletórico ao poder anunciar non poucas novidades para o seu título de piratas. Unha delas, quizais a máis destacada, sexa a chegada das mascotas. Tamén se habilitará unha tenda con micropagos para cosméticos. Se formas parte do programa Sea of Thieves Insider poderás probar estes elementos máis pronto que tarde. Unha vez o feedback sexa positivo, o resto de bucaneiros tamén poderá gozar destas novidades.

Malia que Rare xa tentou implementar as mascotas hai uns meses, coincidindo co aniversario do título, preferiu pospoñer o seu lanzamento debido ás malas recensións indicadas desde Insider. O responsable do xogo asegura que agora están moito máis preto do que querían e que a súa chegada a Sea of Thieves é unha cuestión de días.

Ilustracións e deseños dalgunhas mascotas.

As mascotas terán unha función puramente de lecer dentro do eido social. Serán propiedade dun xogador en exclusiva, aínda que o resto da tripulación tamén poderá interactuar con elas. Poden ser de dez tipos:

  1. Cabalos
  2. Cabras
  3. Coellos
  4. Gatos
  5. Papagaios
  6. Monos
  7. Cans
  8. Ratos
  9. Serpes
  10. Teixugos

Hai nada, chegou a actualización Alixos de Pólvora Negra para  PC e Xbox One, ofrecendo novas misións, modos e recompensas. Pódese activar falando con Duke en calquera taberna, quen nos encomendará a misión de achar diversos agochos de pólvora escondidos en en alta mar.

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.