Actualidade As Neves da Coroa incluirá 77 novos Pokémon para capturar en Pokémon Espada e Escudo

As Neves da Coroa incluirá 77 novos Pokémon para capturar en Pokémon Espada e Escudo

O segundo pase de expansión de Pokémon Espada e Escudo, as Neves da Coroa, está ao virar a esquina. Será o vindeiro 23 de outubro cando os xogadores de Nintendo Switch reciban a enorme cantidade de contido que vén para o título de The Pokémon Company.

77 novas criaturas chegarán ao mundo de Neves da Coroa e todas poden ser consultadas nesta ligazón. Até 35 deles serán Pokémon lendarios de xeracións anteriores, aínda que tres deles serán totalmente novos: Regieleki, Calyrex e Redidrago. Catro novas formas de Galar uniranse á repartición, sendo estas para Slowking, Zapdos, Moltres e Articuno.

Seis novos movementos tamén estarán dispoñíbeis, malia que aínda se descoñecen as súas potencias, precisións e puntos de poder. Unha nova illa lista para ser explorada é o principal atractivo deste DLC e que conta coas aventuras Dynamax que fan as veces de mazmorras cooperativas e resultan no combate contra un Pokémon de incursión.

Juan Sanmartín

Colaborador de Morcego. Videoxogos, deporte, cómics ou cine son as miñas paixóns.