As revisións dos Tony Hawk Pro Skater confirman as cancións da súa BSO

As revisións dos Tony Hawk Pro Skater confirman as cancións da súa BSO

A nova chegada de Tony Hawk grazas a Activision e Vicarious Vision foi confirmada hai tan só uns días. As dúas compañías presentaron a que será unha enorme revisión visual dos dous primeiros títulos de skate e permitirá volver revivir aquelas tardes de deporte urbano e piruetas imposíbeis. Por suposto, unha das grandes cuestións realizadas pola comunidade foi: e a súa banda sonora, manterase intacta? Hoxe confirmouse que 18 das cancións orixinais permanecerán no xogo.

O estudio reponsábel da súa creación creou unha lista en Spotify onde por ir quentando motores e recuperando a nostalxia pola distorsión punk que desprendía a banda sonora orixinal.

A continuación podes ler a lista dos 18 temas confirmados, aínda que non se descarta que se vaian presentando ou engadindo máis segundo se achegue a data de lanzamento, en setembro, para PlayStation 4, Xbox One e PC (Epic Games Store).

  • Police Truck – Dead Kennedys
  • Superman -Goldfinger
  • Jerry Was a Race Car Driver – Primus
  • New Girl – The Suicide Machines
  • Here and Now -The Ernies
  • EuroBarge – The Vandals
  • Blood Brothers – Papa Roach
  • Guerrilla Radio – Rage Against The Machine
  • Pint the Tail on the Donkey – Naughty By Nature
  • You – Bad Religion
  • When World Collide – Powerman 5000
  • Cyclone – Dub Pistols
  • May 16 – Lagwagon
  • Subculture – Dielseboy + Kaos VIP
  • Heavy Metal Winner – Consumed
  • Evil Eye – Fu Manchu
  • Five Lessons Learned – Swining’ Utters

Editor

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.

Artigos relacionados