As Revoltas Irmandiñas chegan a PC grazas a Outrora

As Revoltas Irmandiñas chegan a PC grazas a Outrora

Quixeches algunha vez revivir as Revoltas Irmandiñas no teu ordenador? Estás de sorte. Outrora preséntase coma un novo proxecto feito en Galicia e que precisa un chisco de axuda para se converter nunha realidade. Feito por Zelta Studios, ao longo dos próximos 40 días poderás apoiar a súa creación a través de Verkami, coñecida páxina para financiamentos colectivos.

De que vai Outrora? Nesta obra de estratexia e xestión terás que «ceibar ás cidades da tiranía da nobreza loitando contra os seus exércitos, poderás comerciar con recursos e investigar tecnoloxías para mellorar as túas tropas» explica o estudio na súa páxina. «Dende a túa cidade tamén poderás mellorar edificios. Se consegues derrocar as outras monarquías poderás tomar o control dos territorios e ampliar o teu imperio».

O responsábel do xogo creou un modo campaña con 16 cidades, 8 tipos de recursos e 8 tipos de tropas e un só modo de dificultade e dúas velocidades (normal e axiña). Tamén contará con banda sonora, aínda que desde Zelta Studios sinalan que están abertos a incorporación de xente ao proxecto, xa que todo o feito até hoxe pasou polas mans dunha soa persoa.

Outrora tentará estar listo para xaneiro de 2020 en PC.

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.

Comentarios non permitidos
  1. Vale se nom me lio no proceso, apoiareinos cando chegue a casa, a verdade cando se fai un proxecto deste estilo tense que apoiar.