Ash, de Evil Dead, súmase como sobrevivente a Dead by Daylight

Ash, de Evil Dead, súmase como sobrevivente a Dead by Daylight

O exitoso multixogador de Behaviour Interactive e Starbreeze Studios soubo manter unha comunidade de usuarios máis que envexable. A dupla creativa que concibiu Dead by Daylight continúa achegando novas expansións e contido a medida que pasan as semanas. Se xa tiñamos a Leatherface ou a Freddy Krueger como asasinos chegados dende a gran pantalla, é o momento de engadir como sobrevivente a todo un personaxe de culto: Ash Williams, de Ash vs Evil Dead.

Unha nova xeración achegouse ao protagonista da triloxía dirixida por Sam Raimi grazas á serie de Netflix, aínda que esta foi cancelada o ano pasado tras tres tempadas na plataforma de streaming.

Bruce Campbell, actor que daba vida a Ash, asegurou naquel momento que deixaría de interpretar ao personaxe, pero volveu para dar vida ao sobrevivente neste DLC que chegará a Dead by Daylight o vindeiro martes 2 de abril.

Editor

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.

Artigos relacionados