Ashen recibe a súa primeira expansión baixo o nome de Nightstorm Isle
Ashen, o RPG de acción desenvolto por A44, aínda ten historias que contar. Con forte inspiración no traballo de Hidetaka Miyazaki, este título recibiu o visto bo do público, sendo un dos primeiros exclusivos da Epic Games Store. Vén de recibir o seu primeiro DLC, Nightstorm Isle.
«O nómade acompaña a unha nai que está na procura dunha filla perdida. Os xogadores afastaranse das praias cubertas de cinza para penetrar nas perigosas profundidades da illa Nightstorm. Baixo terra axexan terrores innumerábeis, pero ninguéen pode estar prearado para o antigo mal que custodian», reza a descrición oficial, achegada por Annapurna Interactive, distribuidora do xogo.
Deste xeito, todo xogador que gozara coa obra orixinal terá unha nova oportunidade de seguir investigando e explorando, afastándose esa vez dos cantís da illa, para afondar nos segredos máis profundo da mesma. Esta nova expansión está tamén dispoñíbel para Xbox One, a un prezo de 9,99 euros.