Actualidade Así de ben locen os guerreiros de Godfall

Así de ben locen os guerreiros de Godfall

A nova xeración achégase e Godfall prepara as armas para desembarcar en PS5 e Xbox Series X este mesmo ano. O título de Counterplay pretende recuperar a esencia de xogos como Anthem ou Destiny, nos que as mecánicas RPG, o traballo en equipo e os botíns serán a base principal do xogo.

Agora, o estudio decidiu compartir algunhas imaxes dos principais guerreiros que poderemos controlar en Godfall. Tal e como se pode apreciar, as armaduras futuristas combínanse xunto cun estilo medieval. O personaxe con máscara de león é un dos máis recoñecíbeis até o de agora, xa que serviu como imaxe de promoción para o título, que apostará polo combate corpo a corpo, nunha mestura que se denominou como looter-slasher.

Juan Sanmartín

Colaborador de Morcego. Videoxogos, deporte, cómics ou cine son as miñas paixóns.