Así é Antstream, o servizo de xogo na nube dos títulos retro

Así é Antstream, o servizo de xogo na nube dos títulos retro

A presenza do xogo na nube ten traza de se converter nunha tendencia co paso dos anos, e hai un recuncho dos videoxogos que non quere perder o seu anaco da torta. Antstream é o nome da nova plataforma financiada por Kickstarter, que permite a todos os seus subscritores acceder a máis de 1.000 títulos de consolas tan lendarias como Atari 2600, Commodore 64 ou Amiga.

Metal Slug, Space Invaders ou Bubble Bobble son algúns dos xogos dispoñíbeis e que se poden reproducir a través de Nvidia Shield, Amazon Fire TV, Android, Mac e PC. O CEO de Antstream Arcade, Steve Cottam, asegurou que traballan nunha versión para iOS, pero as políticas de Apple sobre o xogo na nube dificultan o proceso.

9,99 euros ao mes é o custo do servizo, aínda que podemos optar pola subscrición anual de 95,88 euros. Ademais, de termos dúbidas sobre o funcionamento do mesmo, é posíbel solicitar unha proba gratuíta de Antstream. Financiado por Tencent, o servizo lanzará cada semana unha competición entre diferentes xogos para lograr a mellor puntuación entre os xogadores.

Juan Sanmartín

Colaborador de Morcego. Videoxogos, deporte, cómics ou cine son as miñas paixóns.

Artigos relacionados