Actualidade Así é Días de Universidade, a nova expansión dos Sims 4

Así é Días de Universidade, a nova expansión dos Sims 4

Os amantes dos Sims están de festa. Días de Universidade, a nova expansión para The Sims 4 xa foi presentada anunciada por Electronic Arts e Maxis. Este novo lote de contidos chegará o 15 de decembro a PC, para logo, tan só dous días despois ,aterrar nas versións de PS4 e Xbox One.

Nesta expansión, poderemos «facer que os Sims vivan a experiencia universitaria que eles escollan para así crear lembranzas únicas durante unha das etapas máis importantes das súas vidas». É dicir, poderemos crear o noso propio paso pola vida universitaria, escollendo a que clases queremos asistir, sexan de historia da arte, bioloxía ou informática. Mesmo existirá a posibilidade de escoller entre diferentes universidades como «a histórica Universidade de Britechester ou o moderno Instituto Foxbury».

Porén, todos aqueles que cursamos unha carreira sabemos que o paso pola universidade non se limita a estar cos cóbados na mesa e acudir ás clases. A vida social terá un apartado moi importante nesta expansión xa que teremos ao noso alcance novas mecánicas, como entrarmos en organizacións estudantís ou, tamén, nunha misteriosa sociedade secreta. O día non ten suficientes horas para atender a todo.

Juan Sanmartín

Colaborador de Morcego. Videoxogos, deporte, cómics ou cine son as miñas paixóns.